Para quen?
Para nenos e nenas nacidos/as entre o 2002 e o 2015. Preferencia as persoas censadas no Concello de Rois.
Cando?
1ª QUENDA. DO 2 AO 13 DE XULLO. Realizarase en Rois, contando tamén con 2 saídas marcadas para os mércores e un campamento no Galipark do xoves 12 ao venres 13 de xullo (a durmida só para nenos/as a partir de 6 anos).
2ª QUENDA. DO 16 AO 27 DE XULLO (AGÁS O 25 DE XULLO). Realizarase en Urdilde, contando tamén con 2 saídas e un campamento no Galipark do xoves 26 ao venres 27 de xullo (a durmida só para nenos/as a partir de 6 anos).
O horario tipo será de
- 7:30h-9.30. Servizo de amencer. Almorzo e/ou xogo libre. O almorzo correrá a cargo de cada familia.
- 9:30h. Recepción Diververán para tempo libre e saída dos autobuses para as actividades
- 10:00-14:30h. Actividades específicas
- 14:30h. Saída dos e das participantes e dos autobuses para o punto de recollida
Que prezo ten?
QUENDA | AMENCER 7.30-9.30 | AMENCER DÍAS SOLTOS | DIVERVERÁN CON BUS | DIVERVERÁN SEN BUS |
QUINCENA | 5€ | 1€/DÍA | 70€ | 60€ |
DESCONTOS | |
CONCEPTO | DESCONTOS |
Familia numerosa e/ou monoparentais | 25% da cota |
Irmáns /irmás | 20% a partir do 2º |
Renda per cápita (= ou menor ao 75% IPREM: 403,38) | 25 % de desconto |
Renda per cápita (= ou menor ao 50% IPREM 268,92 €) | 50% de desconto |
Matrícula todo o mes con servizo de autobús | 120€ |
Matrícula todo o mes sen servizo de autobús | 100€ |
PRAZOS DE MATRICULACIÓN
- INSCRICIÓN: do 25 de maio ata o 6 de xuño LOGO DESTA DATA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS
- LISTAXE PROVISIONAL: 8 de xuño na páxina web (www.rois.gal) e no taboleiro do Concello
- PAGAMENTO: ata o 18 de xuño; entrega de xustificante ata o 20 de xuño
- LISTAXE DEFINITIVA: 22 de xuño