Cartel do curso de Normas de prevención de riscos e medio ambiente

O edificio Multiúsos de Rois acollerá entre o luns 24 e o luns 31 de outubro un curso gratuíto sobre Normas de prevención de riscos e medio ambiente dirixido ás persoas en situación de desemprego dos concellos de Rois, Padrón, Dodro, Outes, Lousame, Noia, Brión, Ames, Teo, A Baña, Negreira e Porto do Son.


O curso, de 30 horas totais de duración, desenvolverase polas mañás e abordará os seguintes contidos:

-Conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo.
-Riscos xerais e a súa prevención. Riscos específicos e a súa prevención no sector agroforestal.
-Elementos básicos da xestión de prevención de riscos. Coñecemento e uso de EPIS en actividades agroforestais, xardinería e mantemento de bosques, fincas e xardíns.
-Riscos laborais ligados á carga de traballo, ao medio ambiente a ás condicións de seguridade.
-Actuacións no caso de accidente ou emerxencia: primeiros auxilios.


As inscricións realizaranse mediante un correo electrónico a administrativo@raxiaformacion.es ou por teléfono nos números 674 731 474 e 691 418 400. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de anotación.