A produtora Setemedia informou ao Concello de Rois de que a gravación da serie de televisión Lume provocará varios cortes de tráfico nas estradas de Rois durante os próximos días.
Os cortes que se efectuarán serán catro:
Xoves 15 de agosto
De 8.00 a 22.00 horas
Na estrada de Silvarredonda a Fufelo (Buxán)
Venres 16 de agosto
De 9.00 a 18.00 horas
Na AC-301 entre os quilómetros 6,780 e 9,800. Para desfrutar da festa de Leroño habilitarase un acceso por Augasantas; as persoas que vaian dende Rois poderán facelo pola estrada que vai a Urdilde (CP-7401)
Martes 20 de agosto
De 13.30 a 23.30 horas
Estrada na contorna da aldea de Angueira de Castro (Ribasar)
Xoves 22 de agosto
De 17.00 a 23.00 horas
Estrada na contorna da aldea de Silvarredonda (Buxán)
Os cortes acompañaranse de persoal e da sinalización regulamentaria para delimitar as zonas afectadas e garantir a seguridade viaria nas mesmas.