Estrada pechada en Rois polo Diververán 2021

O alcalde de Rois informa nun bando de que durante o mes de xullo a pista dos Dices que vai entre a escola de dona Sara e o polideportivo vai quedar pechada ao tráfico de luns a venres entre as 10:00 e as 14:00 horas. O peche está motivado pola necesidade de garantir a seguridade das nenas e nenos que participan nas actividades de conciliación do Diververán.

A circulación pola pista durante esa franxa horaria quedará restrinxida ás persoas residentes.