Luns, 28 de setembro de 2020

Faise pública a acta de valoración da fase de entrevista e cualificación final no proceso selectivo de contratación dunha persoa para o posto de secretario/a. do Xulgado de Paz.

Tamén se fai pública a resolución da alcaldía coa proposta de contratación da secretaria do xulgado de paz.

Os documentos poden consultarse nos arquivos adxuntos.

 

Viernes, 25 de setembro de 2020

 Faise pública a acta de constitución do tribunal e valoración de méritos da fase de concurso, así como a valoración do primeiro exercicio da fase de oposición para o proceso selectivo de contratación dunha persoa para o posto de secretario/a. do Xulgado de Paz.

As dúas actas pódense consultar nos documentos adxunto.

 

Martes, 22 de setembro de 2020

Faise pública a listaxe definitiva de admitidos no proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa para o posto de secretario/a do Xulgado de Paz, fíxase a composición do tribunal cualificador e a data e o horario do primeiro exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test) para o xoves 24 de setembro ás 9:30 horas no salón de sesións do Concello de Rois.

 

Xoves, 10 de setembro de 2020

Faise pública a listaxe provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a contratación laboral temporal dunha persoa para o posto de secretario/a do Xulgado de Paz no Concello de Rois.

 

Venres, 14 de agosto de 2020

O Concello de Rois fai pública a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal dunha persoa que substitúa ao secretario do Xulgado de Paz mentres dure a súa situación de baixa por enfermidade.

O decreto da Alcaldía polo que se inicia este procedemento, as bases da convocatoria e o modelo de instancia para presentar a solicitude, pódense consultar e descargar nos documentos adxuntos a esta nova.