23-7-2026
Faise pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas tras a entrevista persoas e os recoñecementos médicos e as probas físicas do proceso para contratar unha brigada de prevención dos incendios forestais para o Concello de Rois.

17-7-2026
Faise pública a resolución da alcaldía pola que se publica a puntuación dos méritos e entrevista das persoas presentadas á convocatoria pública para contratar unha brigada de prevención dos incendios forestais para o Concello de Rois. Nela tamén se convoca os aspirantes para a realización do curso de formación e para o recoñemento médico e as probas físicas. O decreto pode consultarse no documento adxunto.


15-7-2026

Corrección de erros resolución de alcaldía para convocar á entrevista a unha persoa admitida para formar parte da brigada de incendios.

O decreto de alcaldía pódese consultar no documentoadxunto

14-7-2026

Faise pública a resolución da alcaldía coa listaxe definitiva de persoas admitidas para a contratación dunha brigada de prevención e defensa de incendios forestais, desígnase ao tribunal cualificador e fíxase a entrevista para o 16 de xullo no salón de sesións do Concello.

A resolución da alcaldía pode verse no arquivo adxunto.

3-7-2026

O Concello de Rois fai pública a convocatoria para a contratación, en réxime laboral temporal, dunha brigada de prevención e defensa de incendios forestais composta por un/unha xefe/a de brigada, un/unha peón/peoa condutor/a e tres peóns/peoas na modalidade de contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos (Administracións Públicas. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e Fondos Unión Europea) para o ano 2026.

As bases da convocatoria, así como os diferentes modelos de solicitude, poden descargarse nos arquivos adxuntos.