O Concello de Rois abre o proceso para a elección de Xuíz/a de Paz substituto/a, de acordo co establecido na Lei orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial.
As persoas interesadas que reúnan os requisitos legais dispoñen de 20 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP), para presentar a súa solicitude dirixida á Alcaldía no Rexistro Xeral do Concello de Rois.
Toda a información relativa a requisitos, documentación a achegar e demais condicións do procedemento pode consultarse no anuncio íntegro publicado no BOP, que se achega nesta páxina.
















