4 de agosto de 2025
Faise pública a resolución final da Alcaldía co resultado das probas físicas dos candidatos e a proposta de contratación de dous (2) peóns condutores de motobomba para a prevención e defensa dos incendios forestais, baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias de produción.
Estas contratacións fanse ao abeiro do convenio coa Consellería de Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa contra incendios forestais.
A resolución pode consultarse nos arquivos adxuntos.
29 de xullo de 2025
Publícase a resolución da Alcaldía coas puntuacións dos méritos e das entrevistas das persoas candidatas aos postos de dous/dúas (2) condutores/as de motobomba. Os candidatos quedan convocados á realización do recoñecemento médico e das probas físicas o luns 4 de agosto en Más Prevención (rúa Galeras, Santiago).
A resolución pode consultarse nos arquivos adxuntos.
22 de xullo de 2025
Faise pública a listaxe de persoas admitidas no proceso de selección en réxime de persoal laboral de dous/dúas (2) condutores/as de motobomba baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias de produción, así como a composición do tribunal cualificador.
As persoas admitidas no proceso quedan citadas para a realización da entrevista o vindeiro xoves, 24 de xullo, no Salón de Sesións do Concello de Rois ás horas que se detallan na resolución da alcaldía.
A resolución pode consultarse nos arquivos que se achegan.
12 de xullo de 2025
O Concello de Rois convoca o proceso de selección para a contratación en réxime de persoal laboral de dous/dúas (2) condutores/as de motobomba baixo a modalidade de contrato de duración determinada por circunstancias de produción.
Estas contratacións fanse ao abeiro do convenio coa Consellería de Medio Rural para a realización de accións de prevención e defensa conra incendios forestais.
O prazo para presentar as solicitudes é de cinco días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación desta convocatoria o sábado 12 de xullo.
Nos documentos adxuntos pódense descargar o decreto da convocatoria, as bases polas que se rexerá e a instancia de solicitude.
















