27 de xuño de 2024
Logo de valorar os méritos alegados polas persoas aspirantes e celebrados e cualificados os exercicios para cubrir a praza dun/dunha traballador/a social, faise pública a proposta de nomeamento, que pode consultarse no documento adxunto, así como a bolsa de emprego que queda constituída consonte ás puntuacións obtidas.
Tamén nos arquivos adxuntos poden consultarse as cualificacións do segundo exercicio.
25 de xuño de 2024
Publícase a acta de valoración do primeiro exercicio do proceso de selección dun/dunha traballador/a social para reforzar os Servizos Sociais do Concello de Rois, dentro do Plan Único de Concellos POS+ Adicional da Deputación. Faise pública tamén a listaxe de respostas deste primeiro exercicio da fase de oposición.
Ambos os documentos poden descargarse nos arquivos adxuntos.
As persoas aspirantes que superaron este primeiro exercicio están convocadas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, deseño dun proxecto relacionado co temario, para o día 27 de xuño de 2024 ás 9.00 na casa do Concello de Rois.
20 de xuño de 2024
Faise público a relación provisional de admitidos e excluídos e a composición do tribunal no proceso de selección de 1 traballador/a social, en réxime de funcionario interino, co obxecto de reforzar os Servizos Sociais municipais ao abeiro do Plan Único de Concellos Pos+Adicional 2024.
Ademais fíxase o primeiro exercicio para o día 25 de xuño ás 9.30 horas no salón de sesións do Concello.
A resolución da Alcaldía pode descargarse no documento adxunto.
8 de xuño de 2024
O concello de Rois convoca un proceso de selección de 1 traballador/a social, en réxime de funcionario interino, co obxecto de reforzar os servizos sociais municipais ao abeiro do Plan Único a Concellos Pos+Adicional 2024.
O prazo de solicitudes estará aberto ata o martes 18 de xuño.
As bases co decreto da convocatoria e o formulario de solicitude poden descargarse nos documentos adxuntos.