O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar hoxe a convocatoria de subvencións do Concello de Rois para o ano 2022 destinadas a asociacións culturais, deportivas, veciñais e educativas con fins de reinserción social. Estas axudas teñen como fin suplir ou complementar as competencias do Concello ou contribuír ao fomento dos intereses veciñais.
Poderán beneficiarse das achegas todas aquelas asociacións sen ánimo de lucro que estean inscritas como tales no rexistro municipal e que estean ao corrente nos seus deberes contributivos, ademais de ter xustificado o gasto de anteriores subvencións.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral do Concello ata o vindeiro venres 9 de decembro (incluído). Será necesario cubrir o formulario correspondente e presentar tamén os anexos de xustificación da axuda solicitada.
Tanto as bases da convocatoria, como o formulario de solicitude e os anexos de xustificación poden descargarse nos arquivos adxuntos. Tamén quedan a disposición das persoas interesadas nas oficinas municipais. Para resolver calquera dúbida ou solicitar máis información, poden dirixirse ao teléfono do Concello 981 804 109, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.
O BOP do 24 de novembro pódese consultar na seguinte ligazón. As bases e os anexos poden ser descargados nos arquivos adxuntos.