O Concello de Rois ven de convocar as subvencións para as asociacións sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades culturais, deportivas, veciñais e educativas con fins de reinserción social. As bases que rexerán esta convocatoria foron publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia.
Neste convocatoria, o Concello destinará un total de 49.500 euros para estas subvencións. O reparto económico en función das actividades varía, deste xeito o Concello destinará unha cantidade máxima de 15.000 euros para actividades educativas, 7.000 euros para asociacións culturais, 13.500 euros para actividades deportivas, 12.000 euros para asociacións veciñais e 2.000 para actividades de reinserción social.
O anuncio do BOP pódese consultar no documento adxunto.