Cartel da convivencia educativa para mulleres en Portugal

O Concello de Rois, a través do Departamento de Servizos Sociais, promove na fin de semana do 19 e do 20 de novembro unha convivencia educativa para mulleres en Portugal. Neste encontro, que se desenvolverá nas localidades de Miranda do Douro e Bragança, poden participar todas as mulleres empadroadas en Rois maiores de 18 anos, que poderán acudir na compaña dun acompañante como máximo.
As inscricións abriranse o luns 24 de outubro e poderán facerse ata o luns 7 de novembro. Hai que ter en conta, sen embargo, que as prazas son limitadas e se adxudicarán por orde de inscrición. Para apuntarse, as persoas interesadas deberán acudir ao Departamento de Servizos Sociais coa tarxeta sanitaria europea, o DNI e o xustificante de pagamento.
O prezo, de 100 euros por persoas, aboarase na conta de Abanca ES64 2080 0328 9631 1000 0060 , logo de comprobar que aínda quedan prazas.
Lembramos que o Departamento de Servizos Sociais atende ao público de luns a venres, agás os mércores, en horario de 9.00 a 14.00 horas.