4 de setembro

Faise pública a resolución final da Alcaldía co resultado da entrevista, do recoñecemento médico e das probas físicas das persoas candidatas así como a proposta de contratación como membros da brigada de incendios 2025.

A resolución corresponde á segunda convocatoria do proceso de selección para a contratación temporal de persoal para a loita contra os incendios forestais ao abeiro dun convenio coa Consellería do Medio Rural.

1 de setembro

Publícase a resolución da Alcaldía coa listaxe de persoas admitidas para os postos de peon/ peoa condutor/a e peon /peoas de brigada corresponde á segunda convocatoria do proceso de selección para a contratación temporal de persoal para a loita contra os incendios forestais ao abeiro dun convenio coa Consellería do Medio Rural.

Fíxase ademais a composición do tribunal cualificador.

Convócase ás persoas admitidas para a realización do recoñecemento médico e probas físicas o día 2 de setembro de 2025 en Mas Prevención (rúa Galeras 34-36 15705, Santiago de Compostela) e fíxase a entrevista para o mesmo día 2 de setembro ás 14,00 horas no Salón de Sesións do
Concello de Rois.

23 de agosto de 2025

O Concello de Rois pon en marcha a segunda convocatoria do proceso de selección para a contratación temporal de persoal para a loita contra os incendios forestais ao abeiro dun convenio coa Consellería do Medio Rural.

Con esta finalidade, fanse públicas as bases para a contratación temporal dunha persoa peoa condutora e dúas persoas peoas de brigada na modalidade de contrato laboral de duración determinada.

As persoas contratadas realizarán labores de vixilancia, defensa e prevención de incendios forestais, así como mantemento do equipamento e ferramentas.

As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Rois ou a través da sede electrónica no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da publicación do anuncio no taboleiro electrónico e na prensa comarcal.

Os decretos da alcaldía polo que se inicia este procedemento, as bases da convocatoria e os anexos para presentar a solicitude nas diferentes categorías, pódense consultar nos documentos adxuntos.