O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.

A biblioteca pública municipal de Rois súmase á celebración e organiza diversas actividades. Os nenos e nenas que participan na actividade municipal de contacontos traballarán esta semana a celebración.

Neste 2018, o Día da Biblioteca centrarase na primeira infancia, a través do programa Arrorois, para familias de nenos e nenas menores de 3 anos. Xa que logo, Caramuxo Teatro presentará o seu espectáculo Zapatos, dirixido a crianzas menores de 4 anos. A cita teatral é o vindeiro venres 26 de outubro ás 18.30h no auditorio municipal, con entrada gratuíta, existindo aforo limitado. Para máis información deste espectáculo, financiado pola Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito, preme neste enlace.