Mércores, 24 de xullo de 2019

Rematado o prazo para achegar documentación e realizadas as entrevistas para optar a dos postos para o condutor de motobomba do Concello de Rois, faise pública a listaxe coas valoracións definitivas.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

Martes, 16 de xullo de 2019

Faise pública a valoración definitiva da fase de méritos e entrevista persoal para o proceso de contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal.

Deste xeito, o Concello de Rois convoca ao recoñecemento médico ás catro persoas admitidas no proceso. 

Aviso: O recoñecemento médico terá lugar o martes, 23 de xullo, ás 8:00 horas en Athena Prevención (Edificio Área Central, 1ªpranta, local 33H). Deberase levar roupa cómoda e xaxún. No caso de pasar as probas físicas e o recoñecemento médico, levarase a cabo o curso de formación o martes, 23 de xullo, ás 16.00 horas, detrás do Concello de Rois. A parte práctica farase o mércores, 24 de xullo, nas dependencias de Athena.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

 

Martes, 16 de xullo de 2019

Faise pública a listaxe definitiva dos candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal. Deste xeito, o tribunal cualificador convoca ás persoas admitidas no proceso o día 18 de xullo de 2019 ás 16.00 horas no salón de sesións do Concello apra levar a cabo a fase de entrevista.

A resolución da alcaldía con toda esta información detallada pode consultarse no documento adxunto.

 

Martes, 10 de xullo de 2019

Faixe pública a listaxe cos candidatos admitidos e excluídos para o proceso de contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal.

A listaxe pódese consultar no documento adxunto.

 

Xoves, 27 de xuño de 2019

Fanse públicas as bases da convocatoria para  a contratación temporal, mediante concurso, de dous condutores de motobomba para a formación dunha brigada de prevención e defensa contra o lume forestal, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Rois.

As bases pódense consultar no documento adxunto.