Cada nena e neno levou como recordo unha libreta co debuxo gañador da súa categoría, xogos didácticos para aula (no caso dos premios colectivos), libros sobre temática de xénero (nos premios individuais) e un diploma. Ao resto de participantes entregóuselles un bolígrafo, un diploma e tamén un detalle para os nenos da escola infantil Galiña Azul. Na entrega de premios participaron o alcalde, Ramón Tojo, os concelleiros Manuel dos Santos e Victoria Quiroga, e presidenta das Mulleres Rurais de Rois, Lourdes Gómez. Os gañadores, por categorías, foron: Aula de 4º de E. Infantil do CPI Os Dices e Adrián Castro Reboiras (menores de 3 anos); Aula de 5º de E. Infantil dos Dices (4 anos); Aula 6 Infantil CEIP O Pumar de Urdilde e aula de 6º Infatil de Os Dices (5 anos); Ainhoa Domínguez Castaño e Iria Jiménez Labarta (1º e 2º Primaria); Breixo Rey Lorenzo e Mariña Castro Reboiras (3º e 4º Primaria); Carmen Romarís Vidal e Lucía Suárez Velles e Alba Manni de los Santos (5º e 6º Primaria); Lorena Picadizo Villar (1º e 2º ESO); e escola infantil Galiña Azul e Celtia e Brais Insua Carregal (categoría xeral).