A Escola de Música Municipal de Rois celebra o domingo 5 de maio o agardado Concerto de Solistas, no que o alumnado do centro poderá poñer en práctica sobre o escenario do auditorio municipal os coñecementos aprendidos durante o presente curso académico. Así, a partir das 19:00 horas darán comezo as actuacións de piano, canto, saxofón, clarinete, trompeta, guitarra e percusión. A entrada é de balde.