Escola infantil A Galiña Azul de Rois

As familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos xa poden solicitar dende mañá praza na escola infantil A Galiña Azul de Rois. O prazo estará aberto  dende o 17 de marzo e ata o vindeiro 8 de abril, tanto para solicitar nova praza como para renovar a existente.

As solicitudes e a resolución do procedemento pódense descargar tanto na sede electrónica da Xunta como nas páxinas web: politicasocial.xunta.gal e igualdadebenestar.org

As solicitudes, tanto as de novo ingreso como as de renovación, así como a documentación requirida pódense entregar por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, empregando calquera dos mecanismos admitidos por sede electrónica (incluída a chave 365)

Opcionalmente tamén se poderán entregar as solicitudes presencialmente  en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Na propia escola A Galiña Azul de Rois tamén se poden entregar as solicitudes, pero sempre con cita previa a través do número de teléfono da escola 981 804 488. 

Aquelas familias que teñan dúbidas co procedemento poden poñerse en contacto coa escola infantil A Galiña Azul de Rois, ben a través do teléfono (981 804 488) ou ben mandando un correo electrónico ao enderezo escolainfantil.rois@igualdadebenestar.org.

Enlaces á Sede electrónica da Xunta de Galicia:

Novo ingreso en escolas infantís 0-3
Renovación de praza en escolas infantís 0-3