Coidados porta a porta en Rois

Coidados porta a porta, programa da Xunta de Galicia que presta asistencia ás persoas maiores do rural coa fin de previr a dependencia, prestará os seus servizos en Rois a principios de setembro. O venres día 2, o luns 5, o martes 6 e o mércores 7 de setembro unha unidade móbil instalarase diante da Casa do Concello para desenvolver exercicios de estimulación da memoria e coidados de podoloxía e audioloxía. Para informar destes servizos, o primeiro día (2 de setembro) haberá unha charla informativa no Multiusos ás 12.00 horas.

Coidados porta a porta percorre os concellos do rural galego para achegarse ás persoas maiores de 55 anos na súa contorna e ofrecerlles tres tipos de servizos: estimulación da memoria, podoloxía e audoloxía. A actuación no ámbito da estimulación da memoria busca retrasar e aminorar o proceso de deterioro cognitivo e céntrase nos ámbitos cognitivo e funcional vencellándoos a hábitos de vida saudables e a promoción do envellecemento activo como xeito de evitar a dependencia.

No servizo de podoloxía, os profesionais valorarán o estado xeral do pé das persoas usuarias, ademais de cortarlles e limparlles as unllas e eliminar durezas, calosidades e helomas. Por último, os maiores poderán someterse a unha exploración gratuíta do oído para comprar os seus niveis de audición e frear a perda auditiva.

Para poder gozar destes servizos, as persoas interesadas deberán concertar cita previa chamando aos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992. Tamén se pode obter máis información e reservar vez no enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.