
Máis de 410 persoas participaron esta mañá na segunda edición do Trail e Andaina Montes de Rois, organizada pola Concello e que percorreu algúns dos paraxes máis fermosos do municipio. Na proba competitiva de 16,7 quilómetros os vencedores foron Claudia Fernández (1:47:33) e Roberto García(1:18:34). Os gañadores das diferentes categorías levaron como trofeo unha talla de madeira do artista Camilo Seira, e todos os atletas que subiron ao podio recolleron un prato de madeira deseñado polas persoas con discapacidade da Asociación Amipa.
Roberto García González, do Tribu Trail, mostrouse intratable durante todo o percorrido. Xa dende os primeiros quilómetros comandou o trail e chegou a meta (1:18:34) con dous minutos de vantaxe sobre Damián González (1:20:27), que foi segundo, e case tres sobre o seu compañeiro de equipo Armando Calvo Ces (1:21:08).
Na categoría feminina, Claudia Fernández-Couto Álvarez, que correu co seu pai unha parte do percorrido, chegou a meta (1:47:33) catro minutos antes que a segunda clasificada, Carla Carolina Liñares Barreiro (1:51:53). O terceiro posto foi para Jessica Carrela Mella, do Tribu Trail, cun tempo de 1:52:57.
Na clasificación por equipos, o gañador foi o Tibu Trail (19 puntos), seguido do CDM Vértica (153) o do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago (153). O mellor atleta local foi nesta ocasión Marcos Mayo Agrafojo, veciño de Urdilde.

Dos 181 inscritos no trail tomaron a saída máis de 160 atletas, entre elas 30 mulleres. No resto de categorías, as clasificacións quedaron do seguinte xeito:
Absoluta: Pablo Vecino, Iván Sangiao e Sergio Muiño. Martina López, Laura Saavedra e Alba Midón.
Veterán A: Marcos Pascual, Yago Abeledo e Sergio García. Ana Martínez, Raquel Salgueiro e Sandra Muñiz.
Veterán B: Manuel Costa, Álvaro César e Julio Rodríguez. Eva de la Fuente e Elena Torea.

Os concelleiros José Luis Ares, Antonio Esparís e Manuel Cobas entregaron os trofeos aos gañadores das diferentes categorías. Protección Civil de Rois, Padrón e Catoira estiveron colaborando coa organización da proba. O Concello tamén agradece a colaboración coa organización da proba ás empresas, asociacións e clubes deportivos que se implicaron na proba, ás comunidades de montes que permitiron que o percorrido pasase polos seus terreos, ao CPI dos Dices, ás persoas voluntarias.
Ao rematar celebrouse o sorteo dunhas zapatillas de trail, entre os inscritos nesta proba, e dunhas zapatillas de trekking, entre os participantes na andaina.
Os e as atletas puideron repoñer forzas nos puntos de avituallamento e, unha vez rematada a proba no polideportivo de Rois, ademais de froita, empanada e bebidas puideron degustar callos preparados por Pulpería Rois.
Compartimos este resumo da proba en vídeo realizado por Estivada Trail.