Andaina Parellas 01O Concello de Rois e o Colectivo Remonte organizan por duodécima vez a Camiñata por Parellas, que este vai vaise celebrar o domingo 30 de xuño percorrendo diferentes parroquias do municipio.

Os interesados deberán inscribirse na web www.andainabisbarradosar.com, pagando 10 euros se o fan antes do 20 de xuño, e 15 euros para quen se anote entre o 21 e o 27 de xuño, último día de inscrición.

A proba sairá do polideportivo dos Dices as 10.00 horas (os dorsais poderán recollerse dende as 09.00 horas) e durante o percorrido de 15 km, de dificultade baixa, os camiñantes poderán coñecer Infesta,  Rois, Contimunde, A Pontevnova, A Peruca, praia fluvial de Seira, Seira, Oín, Antequeira e Os Dices.

Máis información sobre a proba nos teléfono 981 816 061 (Concello de Rois) e 630 708 435 (Asocición Colectivo Remonte).