19 de xuño de 2024
Faise pública a resolución da alcaldía coa puntuación total obtida polas persoas que participan no proceso de selección de persoal para o programa municipal de conciliación Diververán 2024.
De acordo con estas puntuacións, outórganse as prazas de director/a e monitoras/es de lecer e tempo libre.
A resolución pode consultarse en documento adxunto.
14 de xuño de 2024
Faise pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso de selección do persoal do Diververán 2024.
As persoas admitidas quedan convocadas o luns 17 de xuño no salón de sesións do Concello para realizar a entrevista persoal.
A listaxe, a composición do tribunal e os horarios das entrevistas poden consultarse en documento adxunto.
10 de xuño de 2024
Faise pública a resolución da Alcaldía coa listaxe provisional de personas admitidas e excluídas para participar no proceso de selección como persoal temporal dun/ha director/a e máis de monitores de ocio e tempo libre para o programa Diververán 2024.
Ábrese un prazo de dous días hábiles, ata o mércores 12 de xuño, para que as persoas interesadas emenden as faltas de documentación.
29 de maio de 2024
Fanse públicas as bases reguladoras para a selección de persoal de actividades de tempo libre para o programa de conciliación de vida familiar e laboral Diververán, baixo a modalidade do contrato de duración determinada por circunstancias da produción.
As bases pódense consultar no documento adxunto.
Tamén se poden descargar as instancias para os diferentes postos ofertados.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 7 de xuño.