14 de xuño de 2022
Faise pública a resolución final do proceso de contratación dun/ha peón/a forestal ao abeiro do programa de fomento do emprego no medio rural Aprol rural 2022.
Logo de celebrar os exercicios, entrevista persoal e valoración de méritos o tribunal cualificador elaborou unha listaxe de aspirantes por orde de puntuación.
No arquivo adxunto pódense consultar a puntuación total obtida polos aspirantes no proceso de selección e o nomeamento do candidato seleccionado para o posto de peón forestal.
3 de xuño de 2022
Por resolución da alcaldía queda publicada a listaxe de admisión de aspirantes e concertada a data e os horarios de entrevista para a contratación peón/a forestal vinculada á concesión da subvención da Consellaría de Emprego e Igualdade para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural).
No arquivo adxunto pódense consultar os/as aspirantes admitidos/as.
27 de maio de 2022
Fanse públicas as bases para a contratación de 1 peón forestal vinculada á concesión da subvención da Consellaría de Emprego e Igualdade para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural).
Nos arquivos adxuntos pódense descargar as bases do concurso e o formulario de solicitude.