28 de xullo de 2023

Faise pública a resolución da Alcaldía para a contratación dunha brigada de incendios formada por 1 xefe de brigada, 1 peón condutor e 3 peóns como persoal temporal para a loita contra os incendios forestais ao abeiro dun convenio coa Consellería do Medio Rural.

A resolución pódese consultar no documento adxunto.

24 de xullo de 2023

Fanse públicas as valoracións de méritos e das entrevistas persoas das persoas admitidas a participar no proceso de selección para a contratación temporal de 1 xefe/a de equipo, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas de brigada na modalidade de contrato laboral de duración determinada.

Convócase ás persoas con maiores puntuacións o venres 28 de xullo ás 8.50 horas para a realización do recoñecemento médico e as probas físicas en Más Prevención, na rúa Galeras de Santiago.

A resolución coas puntuacións e a convocatoria pódese consultar no arquivo adxunto.

18 de xullo de 2023

Faise pública a resolución da Alcaldía coa listaxe de persoas admitidas a participar no proceso de selección para a contratación temporal de 1 xefe/a de equipo, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas de brigada na modalidade de contrato laboral de duración determinada.

Así mesmo, infórmase da composición do tribunal cualificador e fíxanse as entrevistas persoais para o vindeiro mércores 19 de xullo no Salón de Sesións do Concello de Rois.

A brigada forestal que se forme ten como fin a loita contra os incendios forestais e fórmase ao abeiro dun convenio coa Consellería de Medio Rural.

A listaxe de admitidos e os horarios das entrevistas poden consultarse no arquivo adxunto.

6 de xullo de 2023

O Concello de Rois pon en marcha o proceso de selección para a contratación temporal de persoal para a loita contra os incendios forestais ao abeiro dun convenio coa Consellería do Medio Rural.

Con esta finalidade, fanse públicas as bases para a contratación temporal para os postos de 1 xefe/a de equipo, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas de brigada mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa contra o lume forestal, na modalidade de contrato laboral de duración determinada.

Os decretos da alcaldía polo que se inicia este procedemento, as bases da convocatoria e os anexos para presentar a solicitude nas diferentes categorías, pódense consultar nos documentos adxuntos.