9 de agosto de 2022

Faise pública a resolución final referente ao proceso de selección e contratación dun técnico ou técnica de turismo para os concellos de Dodro, Lousame e Rois. Esta resolución pódese descargar no arquivo adxunto.

3 de agosto de 2022

Tras a publicación o pasado 27 de xullo da lista provisional de admisión, faise pública a lista definitiva de admitidos e admitidas no proceso para a contratación dun técnico ou técnica de turismo para os concellos de Dodro, Lousame e Rois. O vindeiro venres 5 de agosto o segundo exercicio terá lugar ás 10.00 horas (proba test) e ás 11.30 (deseño dun proxecto). O mesmo día ás 14.00 horas comezarán as entrevistas persoais.

Esta resolución pode ser consultada no arquivo adxunto.

27 de xullo de 2022

Faise pública resolución da alcaldía coa lista provisional de persoas admitidas e excluídas para contratación dun técnico/a de información turística

12 de xullo de 2022

Ábrese a convocatoria para a contratación dun técnico/a de información turística para os concellos de Dodro, Lousame e Rois, baixo un proceso selectivo de concurso oposición. O prazo de presentación é de cinco días hábiles desde a publicación das bases, sendo o último día o martes 19 de xullo de 2022.

Os interesados/as deberán presentar fotocopia do DNI e a titulación esixida, declaración xurada de aceptación das bases, relación de méritos (cos debidos xustificantes) e, de ser pertinente, acreditación de discapacidade. Toda a información do proceso pode ser consultada nas bases e na convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, adxuntos nesta mesma publicación.