17 de xuño
Fanse públicos os nomeamentos do posto de dirección de actividades de tempo libre e monitorado para o Diververán 2025. Así mesmo, nesta resolución publícase a puntuación total obtida polas persoas aspirantes, coa que se constitúe unha listaxe de reserva.
A resolución da alcaldía pode consultarse no documento axunto.
10 de xuño
Faise pública a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e fixase a composición do tribunal cualificador así como a data e o lugar da
entrevista que será o xoves 12 de xuño no Salón de Sesións do Concello de Rois, para a selección de persoal de actividades de tempo libre para o programa de conciliación de vida familiar e laboral Diververán, baixo a modalidade do contrato de duración determinada por circunstancias da produción.
A resolución da alcaldía pode consultarse no documento adxunto.
31 de maio de 2025
Fanse públicas as bases reguladoras para a selección de persoal de actividades de tempo libre para o programa de conciliación de vida familiar e laboral Diververán, baixo a modalidade do contrato de duración determinada por circunstancias da produción.
As bases pódense consultar no documento adxunto.
Tamén se poden descargar as instancias para os diferentes postos ofertados.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 6 de xuño.
















