20 de xuño de 2023

Faise pública a resolución de Alcaldía pola que se nomea á directora e aos minotores e monitoras do Diververán 2023.

Os nomes das persoas nomeadas pódese consultar no arquivo adxunto

15 de xuño de 2023

Faise pública a resolución da Alcaldía coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección de persoal laboral temporal dun/ha director/a e de monitores/as de ocio e tempo libre para o programa Diververán 2023.

Dase a coñecer, así mesmo, os membros do tribunal cualificador e as datas e horas das entrevistas persoais. As persoas aspirantes quedan convocadas para as entrevistas o luns 19 de xuño entre as 16.00 e as 19.10 horas no Salón de Pleno do Concello de Rois.

A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto.

12 de xuño de 2023

Faise pública a resolución da Alcaldía coa relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso de selección de persoal laboral temporal dun/ha director/a e de monitores/as de ocio e tempo libre para o programa Diververán 2023.

Así mesmo, outórgase un prazo de dous días hábiles dende a publicación desta resolución para presentar reclamacións.

A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto.

27 de maio de 2023

O Concello de Rois fai públicas as bases da convocatoria de selección do/a director/a e dos/as monitores/as de tempo libre para cubrir as necesidades de persoal do programa de conciliación de vida familiar e laboral Diververán baixo a modalidade de contrato de duración determinada por necesidades de produción.

As bases e as instancias de solicitude (Anexo I para director; Anexo II para monitores con servizo de Amencer; Anexo III para monitores sen servizo de Amencer) poden descargarse nos documentos que se achegan. O prazo para presentar solicitudes é de sete días naturais a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio.