29 de marzo de 2022
Faise pública a resolución da alcaldía co nomeamento de 3 peóns de albanel, contratados ao abeiro do programa PEL-Concellos 2022 financiado pola Deputación da Coruña, así como a puntuación total obtida polos aspirantes neste proceso de selección e a constitución dunha listaxe de agarda.
A resolución da alcaldía pódese consultar no documento adxunto.
25 de marzo de 2022
Faise pública a resolución da alcaldía na que se inclúe a lista de persoas admitidas para o proceso selectivo para a contratación de 3 peóns/peoas de albanel ao abeiro do programa PEL-Concellos financiado pola Deputación da Coruña.
A data da entrevista persoal queda fixada para o martes, día 29 de marzo de 2022, ás 8.50 horas no salón de sesións do Concello de Rois.
A resolución da alcaldía pódese consultar no documento adxunto
18 de marzo de 2022
Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación de 3 peóns/peoas de albanel ao abeiro do programa PEL-Concellos financiado pola Deputación da Coruña.
As persoas interesadas en participar no proceso selectivo dispoñen de cinco días naturais para presentar a solicitude a partir de mañá, sábado 19 de marzo.
Nos arquivos adxuntos pódense consultar o decreto de alcaldía coa aprobación das bases, así como as propias bases e o formulario de solicitude.