Alumnado de 5º e 6º de primaria do CPI dos Dices e o grupo Perguizán ofrecen mañá, venres, un concerto no auditorio municipal de Rois, a partir das 12.30 horas para o público en xeral. “Axúdame a cantar” é unha proposta que leva a formación músical fóra das aulas, fóra do ámbito académico, apostando polo seu valor social. A actuación de mañá forma parte do programa ‘Camiño das Letras’ que promove o Concello de Rois.

Este concerto e o resultado da integración de nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria nun grupo profesional de música. A actividade está promovida polo departamento de música de educación primaria do CPI dos Dices e conta co apoio do Concello de Rois. Despois de moitas horas de ensaio, o alumnado vai compartir escenario cos integrantes do grupo Perguizán, formado por Miguel Varela (percusión), Miguel Rivadulla (guitarra) e Bruno Villamor (zanfona e gaita).

Neste concerto ofrecerán unha s elección de temas arranxados expresamente para esta proposta. O alumnado valerase da súa voz, das posibilidades sonoras do seu corpo, dos instrumentos de música habituais na aula (frautas, pequena percusión e instrumentos de láminas) e de percusión tradicional.

Mañá, vernes, no auditorio municipal, van realizar dous pases. Un dirixido para o alumnado do CPI dos Dices e do CEIP O Pumar-Urdilde, e outro, a partir das 12.30, aberto a todo o público que desexe gozar da boa música.

Agardámosvos mañá no auditorio municipal de Rois a partir das 12.30 horas.

20190530 Axudademe Cantar 02