Alicentis

Charlas informativas sobre as distancias obligatorias de corta segundo a Lei de Montes

20190322 Cartel Bando Charlas Informativas Distancias MontesO Concello de Rois organiza dúas charlas informativas sobre as distancias obligatorias de corta segundo a Lei de Montes. 

Dous axentes forestais do Distrito de Noia impartirán as conferencias, que terán lugar mañá, sábado 23 de marzo, ás 11.00 horas da mañá no Local social de Urdilde e o sábado 30 de marzo á mesma hora, pero no Auditorio Municipal de Rois. >

Programa de voluntariado xuvenil en espazos naturais da Xunta de Galicia

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado no marco do proxecto LEWO – LIFE Evergreen with volunteer- LIFE16 ESC ES001 organiza actividades de voluntariado ambiental nos meses marzo, abril, maio e xuño de 2019. Entre os lugares nos que se levarán as accións atópanse as Illas Cíes, as Fragas do Eume, as Illas de Ons, o Parque Natural dos Ancares e o Complexo dunar de Corrubedo, entre outros. >