Alicentis

Remata o curso de caixeiro-repoñedor tras 120 horas de formación

Rematou o curso de Caixeiro/repoñedor de 120 horas de formación no que os participantes do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polos concellos de Dodro, Padrón e Rois, recibiron formación  en márketing e venda, merchandising, caixa e reposición, técnicas de venda e facturación, tipos de clientes e técnicas de comunicación. >

Remata o curso de caixeiro-repoñedor tras 120 horas de formación Ler máis »

José Luis García (esquerda), Ramón Tojo e Manuel Cobas nunha das zonas xa limpas do Castro Lupario preto da muralla interior

Rois e Brión están a limpar o Castro Lupario para poñer en valor a fortaleza da Raíña Lupa

Os Concellos de Rois e de Brión están executando diversas melloras no Castro Lupario cun investimento próximo aos 24.000 euros. As principais intervencións do proxecto consisten na limpeza e na mellora da sinalización das rutas de sendeirismo próximas do castro, que ocupa máis de dúas hectáreas de superficie, con dúas murallas de protección, e está situado entre os dous municipios. >

Rois e Brión están a limpar o Castro Lupario para poñer en valor a fortaleza da Raíña Lupa Ler máis »

Mozos de Rusia e sete comunidades españolas, no campo de traballo do Castro de Socastro

David Fernández Bella amósalles ao delegado da Xunta e ao alcalde a que se considera porta principal de acceso ao castro de Socastro

 

Un grupo de doce mozos e mozas procedentes de Rusía e sete comunidades autónomas españolas están a participar no campo de traballo internacional do Castro de Socastro, que ten por obxectivo poñer en valor este enclave celta que permaneceu habitado de xeito ininterrumpido ata o século V despois de Cristo.  >

Mozos de Rusia e sete comunidades españolas, no campo de traballo do Castro de Socastro Ler máis »