Alicentis

Rois celebra o Día Internacional da Muller repartindo os premios do concurso de carteis

O Concello de Rois conmemora hoxe o Día Internacional da Muller coa celebración de diferentes actos. Nun primeiro lugar, ás 19.30 horas, toda a veciñanza do municipio está convidada a acudir ao Auditorio Municipal para apoiar e presenciar  a lectura do manifesto a prol da igualdade. >

Rois celebra o Día Internacional da Muller repartindo os premios do concurso de carteis Ler máis »

O Concello de Rois ofrece 90 prazas para que os maiores coñezan Gran Canaria por 300 euros

O Concello de Rois acaba de abrir o prazo de inscrición para que 90 veciños e veciñas maiores de 65 anos poidan coñecer As Palmas de Gran Canaria durante oito días por un prezo de 300 euros. Nesta viaxe tamén poderán participar aquelas persoas empadroadas en Rois que teñan cumpridos 55 anos e sexan pensionistas de xubilación, invalidez ou viuvez. >

O Concello de Rois ofrece 90 prazas para que os maiores coñezan Gran Canaria por 300 euros Ler máis »

Reunión informativa sobre o programa de inmersión lingüística en Londres 2019

O Concello de Rois xunto con Get Brit organiza un ano máis o programa de inmersión Lingüística en Londres durante os días 10 e 44 de xullo de 2019. A viaxe está dirixida á veciñanza de entre 10 e 17 anos e inclúe voo, aloxamento en residencia e conta con posibilidade de financiación. >

Reunión informativa sobre o programa de inmersión lingüística en Londres 2019 Ler máis »

O Obradoiro de Xuventude en Acción de Rois organiza unha “Ruta Literaria”

O Concello de Rois xunto co Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil (Xuventude en Acción 2018 Dodro, Padrón e Rois) organizan unha visita guiada o vindeiro venres 8 de marzo. A “Ruta Literaria” será gratuíta e visitará a Casa-Museo Fundación Rosalía de Castro, o Xardín Botánico-Artístico de Padrón e a Fundación Pública Galega Camilo José Cela. >

O Obradoiro de Xuventude en Acción de Rois organiza unha “Ruta Literaria” Ler máis »