Xornada técnica sobre a crianza do porco celta nas carballeiras e soutos galegos
Xornada técnica sobre a crianza do porco celta nas carballeiras e soutos galegos Ler máis »
A actividade de dinamización Vive o Camiño, impulsada pola Xunta de Galicia, fará parada en Rois o próximo mércores, 12 de setembro, cunha dobre cita no campo da festa. Anxo Moure e MJ Pérez actuarán ás 20.00 e as 21.00 horas, respectivamente, dentro deste programa que pretede encher de música e contidos culturais o Camiño de Santiago. >
MJ Pérez e Anxo Moure, o mércores 12 en Rois dentro da programación Vive o Camiño Ler máis »
Representantes do Concello de Rois e veciños do municipio compartiron onte unha cea con voluntarios e coordinadores que durante estas dúas semanas estiveron facendo traballos de limpeza no Castro de Socastro, como integrantes do campo internacional de traballo que promoveu a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. >
Concello e veciños de Rois despiden cunha cea aos voluntarios do Castro de Socastro Ler máis »
O programa integrado de emprego (PIE) Terras de Iria IV logrou que se incorporaran ao mercado laboral o 41% do alumnado que participou nos quince cursos formativos que se levan impartindo nesta iniciativa nos últimos sete meses. Financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polos concellos de Rois, Padrón e Dodro, o PIE Terras de Iria está superando as expectativas fixadas polo goberno galego para conseguir que 35 persoas en situación de desemprego poidan atopar un traballo, das 81 que participaron nesta iniciativa. >
Atopan traballo 35 persoas que se formaron no Terras de Iria IV Ler máis »
Rematou o curso de Caixeiro/repoñedor de 120 horas de formación no que os participantes do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polos concellos de Dodro, Padrón e Rois, recibiron formación en márketing e venda, merchandising, caixa e reposición, técnicas de venda e facturación, tipos de clientes e técnicas de comunicación. >
Remata o curso de caixeiro-repoñedor tras 120 horas de formación Ler máis »
Os Concellos de Rois e de Brión están executando diversas melloras no Castro Lupario cun investimento próximo aos 24.000 euros. As principais intervencións do proxecto consisten na limpeza e na mellora da sinalización das rutas de sendeirismo próximas do castro, que ocupa máis de dúas hectáreas de superficie, con dúas murallas de protección, e está situado entre os dous municipios. >