20191106 VIII Programa Apioio Empresas AgroalimentariasA Fundación Juana de Vega organiza o seu VIII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias co obxectivo de axudar a quen queira poñer en marcha un proxecto empresarial ou precise asesoramento na súa empresa. A orientación contará de tres modalidades de orientación: emprendemento, consolidación e crecemento. O prazo de inscrición remata o 30 de novembro.

A Fundación pretende axudar ao desenvolvemento de empresas existentes e novas iniciativas empresariais nos ámbitos agroalimentario, forestal, marisqueiro e pesqueiro de Galicia, así como proxectos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores.

Tanto se queres poñer en marcha unha idea de empresa agroalimentaria, como se a túa empresa precisa dun impulso e non tes recursos para reconducila, ou se desexas iniciar unha nova liña de negocio na túa compañía, ou xerar unha nova proposta de valor, o Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias é o teu mellor aliado.

Inscríbete e consulta máis información na páxina web www.juanavega.org ata o 30 de novembro.