As listas do censo electoral para as eleccións municipais do 28 de maio estarán expostas ao público no Concello de Rois entre o 10 e o 17 de abril, ambos os dous días inclusive. As persoas interesadas poderán acudir ás oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas para consultar as listas do censo electoral ou presentar reclamacións, sempre dentro do prazo sinalado.

Para realizar estas xestións, é preciso que a persoa interesada se identifique presentando o seu DNI, pasaporte, permiso de conducir ou tarxeta de residencia, de ser o caso.

Tamén se poderá  consultar o censo electoral de xeito telefónico chamando aos teléfonos  do Instituto Nacional de Estadística (INE): 981 217 439 ou 900 343 232.

De forma telemática, os datos censais poden consultarse na páxina web do INE (preme neste enlace), co sistema Cl@ve ou con certificado dixital.