As familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos xa poden solicitar dende mañá praza na escola infantil A Galiña Azul de Rois. O prazo estará aberto dende este 24 de marzo e ata o vindeiro 12 de abril e serve tanto para solicitar nova praza como para renovar a existente.

As solicitudes e a resolución do procedemento podense descargar na páxina web do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, no seguinte enlace http://www.igualdadebenestar.org

As solicitudes tanto de novo ingreso como de renovación coa documentación requerida presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, empregado calquera dos mecanismos admitidos por sede electrónica (incluída a chave 365)

Opcionalmente tamén se poderán entregar as solicitudes presencialmente  en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Na propia escola A Galiña Azul de Rois tamén se poden entregar as solicitudes pero sempre con cita previa a través do número de teléfono da escola 981 804 488. 

Aquelas familias que teñan dúbidas co procedemento poden poñerse en contacto coa escola infantil A Galiña Azul de Rois ven a través do teléfono (981 804 488) ou mandando un correo electrónico ao enderezo escolainfantil.rois@igualdadebenestar.org.