Coincidindo co remate do segundo trimestre de curso e as vacacións escolares de Semana Santa, as Escolas Deportivas Municipais abren as súas portas na última semana de marzo para que familiares e persoas achegadas dos nosos pequenos e pequenas deportistas poidan acceder ás instalacións e ver como se desenvolven nas clases.
As datas, lugares e horas das xornadas de portas abertas son as seguintes:
- LUNS 27 DE MARZO: TENIS EN URDILDE
Pavillón polideportivo municipal de Urdilde. Acceso ás 16.10 h.
- MARTES 28 DE MARZO: PATINAXE ARTÍSTICA EN ROIS E URDILDE
Pavillón polideportivo municipal de Rois. Acceso ás 15.40 h.
Pavillón polideportivo municipal de Urdilde. Acceso ás 16.10 h.
- MÉRCORES 29 DE MARZO: XIMNASIA RÍTMICA EN ROIS
Pavillón polideportivo de Rois. Acceso para ás familias do grupo A ás 17.25 h e para as do grupo B ás 18.25 h.
- MÉRCORES 29 DE MARZO: XADREZ EN ROIS
Multiúsos de Rois. Acceso ás 18.40h.
- XOVES 30 DE MARZO: TENIS EN ROIS
Pavillón polideportivo de Rois. Acceso do grupo A ás 15.40 h e do grupo B ás 16.40 h.
- XOVES 30 DE MARZO: BAILE DEPORTIVO EN ROIS
Pavillón polideportivo de Rois. Acceso do grupo A ás 15.40 h e do grupo B 16.40 h
- XOVES 30 DE MARZO: JUDO EN URDILDE E ROIS
Ximnasio do CEIP O Pumar-Urdilde. Acceso do grupo A ás 16.10 h e do grupo B ás 17.10 h.
Escola Unitaria dos Dices-Rois. Acceso ás 18.20 h.
- VENRES 31 DE MARZO: BALONCESTO EN ROIS
Pavillón polideportivo municipal de Rois. Acceso ás 15.25 h.