Ata o 30 de xuño manterase aberto o prazo de matrícula para asistir ás escolas municipais de música e inglés de Rois no vindeiro curso 2022-2023.
Clases de inglés
As clases de inglés, impartidas por Get Brit, constan de dúas horas á semana e teñen un custo de 30 euros mensuais.
No caso dos e das escolares, as clases desenvolveranse os mércores e venres á tarde no edificio multiúsos de Rois e os martes e xoves no CEIP O Pumar de Urdilde, tamén pola tarde.
A poboación adulta poderá optar a dous niveis diferentes: B1 Pre-Intermediate ou B2. En ambos os dous casos, as clases serán os sábados pola mañá no edificio multiúsos.
Os horarios e grupos conformaranse segundo o número de persoas inscritas.
Para matricularse nas clases de inglés é preciso cubrir o formulario en liña de inscrición nas actividades culturais e deportivas, para persoas adultas ou menores de idade, segundo o caso, que se atopa no apartado de Xestións e trámites desta web, neste enlace.
- No caso das persoas adultas, deberán escribir Inglés no apartado Actividades municipais, en Actividade (1).
- No caso dos e das menores de idade, deberán escribir Inglés no apartado Autorizo ao/á menor a asistir á/s actividades, en Actividade (1).
Unha vez creado o PDF deste trámite, é preciso rematar o proceso de matrícula enviando o documento a través do formulario Finalizar trámite, que se atopa neste enlace.
Escola Municipal de Música de Rois
Por outra banda, o prazo de matrícula na ESMU de Rois continúa tamén aberto ata o 30 de xuño. Para inscribirse é preciso cubrir o formulario de inscrición na páxina web do Concello de Rois (enlace ao formulario en liña) e, unha vez cumprimentado, remitilo no apartado Finalizar trámite ou envialo ao enderezo electrónico correo@rois.gal.
Xunto coa ficha de matrícula cómpre entregar:
- DNI (ou libro de familia)
- 1 foto tamaño carné
- Orde de pagamento ou domiciliación bancaria (pódese descargar o aquivo adxunto neste enlace ou no encabezado desta nova)
- Xustificante de pagamento de matrícula (20 euros). Número de conta: ES64 2080 0328 9631 1000 0060
A documentación tamén pode presentarse de forma presencial nas oficinas do Concello de Rois.
A selección horaria farase por orde de rexistro. Neste sentido, cómpre ter en conta que o rexistro se fai efectivo unha vez que se finaliza o trámite (ben sexa a través do formulario Finalizar trámite, ben por correo electrónico ou nas oficinas do Concello).