As empresas beneficiarias das axudas concedidas polo Concello de Rois e a Deputación da Coruña a través do PEL Reactiva teñen de prazo ata o 31 deste mes de marzo para presentar a documentación xustificativa dos gastos e poder, así, cobrar a axuda asignada.
Así mesmo, o Concello facilítalle a todas as empresas e persoas autónomas beneficiadas das axudas a imaxe que deberán colocar nun lugar visible dos seus negocios informando de que foron beneficiarias con este programa.
A imaxe pódese descargar no arquivo adxunto para imprimir.