Guía de lecturas de Nadal 2024

As bibliotecas dos centros educativos de Rois, en coordinación coa biblioteca pública municipal e coa vista posta nestas vacacións, difunden un ano máis entre os escolares e a veciñanza en xeral unha guía con lecturas para este tempo de Nadal.

A elaboración desta guía ten un dobre propósito. Por un lado, trátase de fomentar o hábito da lectura entre a rapazada e, por outro, a selección tamén está pensada para servir de referente á hora de buscar agasallos para nenas e nenos. Para facilitar ámbolos obxectivos, os títulos preséntanse por idades e niveis educativos.

Dende o Concello, agradecemos un ano máis o labor do profesorado e das responsables das bibliotecas escolares pola súa implicación nesta iniciativa.

Así mesmo, lembramos a Biblioteca pública municipal permanecerá aberta durante as vacacións de Nadal en horario de 10.00 a 13.00 horas de luns e venres. Estará pechada nos festivos, como é habitual.

A guía de lectura de Nadal pódese descargar no arquivo adxunto. Agardamos que vos guste!