O obradoiro de emprego Xuventude en Acción 2020, promovido polos concellos de Rois, Dodro e Padrón, chegou a sua fin a semana pasada logo de nove meses de aprendizaxe e traballo nos que dez alumnas se formaron en Confección de publicación de páxinas web ao tempo que desenvolveron o sitio web terrasdeiria.com.
As alumnas, pertencentes ao programa de Garantía Xuvenil, pecharon o curso coa obtención dun certificado de profesionalidade de nivel 2. Ademais, actualizaron os contidos da web de Terras de Iria e doutras con temáticas vencelladas á cultura e ao turismo nos municipios de Padrón, Rois e Dodro.
A páxina, a disposición de veciñanza e visitantes, pódese consultar na seguinte ligazón: