O sábado 9 de xullo dá comezo finalmente o Torneo interparroquial de Fútbol 7 do concello de Rois. Tras a reunión o pasado 27 de xuño en que se debateron os temas fundamentais da competición esta terá lugar no campo do Pino, en Urdilde, e enfrontará a cinco equipos ao longo de seis xornadas durante as vindeiras fins de semana.

A primeira xornada celebrarase este sábado, día 9, ás 19.30 horas, con dous partidos simultáneos. Enfróntanse Ribasar – Buxán e Urdilde – Oín, mentres o equipo de Herbogo deberá agardar ata as 20.20 do mesmo día para se enfrontar ao equipo de Urdilde.

Tras unha fase de grupos que ocupará as xornadas do 9, 10 e 17 de xullo, catro equipos pasarán á xornada final do día 24, cando se celebrarán as semifinais ás 18.30. O partido polo terceiro posto comezará ás 19.20 e a gran final ás 20.15, estando prevista a entrega de trofeos o mesmo día ás 21.00 horas.