Os delegados de equipo reuniranse o 27 de xuño ás 20.30 horas no multiúsos

O Concello de Rois, coa colaboración do Sociedade Deportiva Urdilde, da inicio aos preparativos para o XVI Torneo interparroquial de fútbol 7. Neste primeiro paso para que se celebre a competición convócase aos delegados dos equipos a unha reunión no edificio multiúsos de Rois o día 27 de xuño ás 20:30.

Nesta reunión trataranse temas fundamentais referentes ao desenvolvemento do torneo, tales como a composición e tamaño dos equipos; calendario e horarios; sistema de competición e puntuacións e o campo de xogo, entre outros.