O Pleno da Corporación municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 3 de novembro de 2012, adoptou o acordo de aprobación inicial do expediente para a alteración da cualificación xurídica da parcela para declarala como parcela sobrante na forma e extensión establecida no informe técnico que figura no expediente, e con posterioridade, allearlla ao lindante que resulte máis racional segundo o criterio de ordenación do solo ben inmoble:
-Parcela con referencia catastral 1923209NH2412S0001QD situada no lugar de A Calle parroquia de Urdilde.
Sométese o expediente a información pública durante un mes, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Tamén se publicará no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na paxina dixital do Concello.
Durante o expresado prazo de información pública os interesados e as interesadas poderán examinar o expediente nas dependencias de Secretaría, situadas na Casa do Concello, e presentar, en idéntico período, as alegacións e reclamacións que coiden pertinentes ou convenientes. Elevándose novamente ó Pleno da Corporación ós efectos de adopción do acordo definitivo de alteración da calificación xurídica de dito ben.
Rois a 12 de novembro de 2012.
O Alcalde,
Ramón Tojo Lens.