O Pleno da Corporación municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 3 de novembro de 2012, adoptou o acordo de aprobación inicial do expediente para desafectación do dominio público local dun terreo que aparece como camiño municipal con referencia catastral 15075B505090620000GP situado a carón do cemiterio de Rois parroquia de San Mamede de Rois, coa forma, extensión e límites que derivan da súa descrición no informe técnico.
Sométese o expediente a información pública durante un mes, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Tamén se publicará no taboleiro de anuncios da Casa do Concello e na páxina dixital do Concello.
Durante o expresado prazo de información pública os interesados e as interesadas poderán examinar o expediente nas dependencias de Secretaría, situadas na Casa do Concello, e presentar, en idéntico período, as alegacións e reclamacións que coiden pertinentes ou convenientes. Elevándose novamente ó Pleno da Corporación ós efectos de adopción do acordo definitivo de alteración da calificación xurídica de dito ben.
Rois a 12 de novembro de 2012.
O Alcalde,
Ramón Tojo Lens.