Ampliación e mellora na rede de abastecimento de auga potable en Oín (Rois)

A veciñanza do lugar de Oín, na parroquia do mesmo nome, xa pode gozar das melloras na traída de auga potable ao rematar as obras de ampliación da rede de abastecemento na que o Concello de Rois fixo un investimento de 42.545,29 euros, para o que contou coa financiación da Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, e da Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

As obras, que foron executadas por Excavaciones Ovidio, consistiron na ampliación na ampliación das instalacións existente e a construción de novas conducións para o abastecemento de auga potable á veciñanza de Oín que non contaba con conexión á traída municipal.

A Unión Europea cofinanciou estas infraestruturas a través do Feder dentro da liña de apoio a transición cara a unha economía verde.

Ampliación e mellora na rede de abastecimento de auga potable en Oín (Rois) que foi financiada pola Unión Europea a través de fondos FEDER