O pasado sábado, durante o tramo Padrón-Milladoiro, pasaron polo Faramello. Aquí, o teniente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos, seloulles as credenciais aos 75 participantes na camiñada e ofreceulles como agasallo unha gorra de recordo do municipio. O presidente de Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, correspondeu cunha cuncha do peregrino, un pink conmemorativo e uns libros. Os visitantes aproveitaron a ocasión para pasar polo pazo do Faramello e visitar o Xardín dos Recordos, que no se prantou unha árbore en memoria de cada un dos falecidos no accidente do Albia en Santiago. Os Amigos do Camiño Portugués iniciaron esta peregrinación por etapas entre Tui e Santiago o pasado 7 de abril. O vindeiro xoves, Día das Letras Galegas, farán o último tramo do Camiño, dende O Milladoiro (Ames)ata Santiago e asistirán á misa na Catedral.