26 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados totais definitivos das persoas candidatas á praza de docente de Atencion sociosanitaria a domicilio do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2024.
Os resultados poden consultarse no arquivo adxunto.
21 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados provisionais totais das persoas candidatas a ocupar o posto de docente de Atención sociosanitaria a domicilio do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2024.
Os resultados poden consultarse no arquivo adxunto.
21 de novembro de 2024
Fanse públicos os resultados da entrevista ás persoas candidatas a ocupar o posto de docente de Atención sociosanitaria a domicilio do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2024.
Os resultados poden consultarse no arquivo adxunto.
18 de novembro de 2024
Fanse públicas as puntuacións definitivas do alumnado traballador seleccionado para o obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2024.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto.
12 de novembro de 20241
Fanse públicos os resultados provisionais totais das persoas preseleccionadas para formar parte do alumnado do obradoiro de emprego Comarca do Sar 2024.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto.
O prazo para presentar alegacións estará aberto ata o xoves 14 de novembro ás 14.00 horas no Rexistro Xeral do Concello de Padrón.
8 de novembro de 2024
Fanse públicas as puntuacións das entrevistas ás persoas candidatas a formar parte do alumnado do obradoiro de emprego Comarca do Sar 2024.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto.
28 de outubro de 2024
Faise pública a listaxe de persoas preseleccionadas como alumnado enviada polo Servizo Público de Emprego de Galicia para a realización do obradoiro de emprego Comarca do Sar 2024.
A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto.
10 de outubro de 2024
Fanse públicas as bases para a selección do alumnado traballador/a e do persoal directivo, docente e administrativo do obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2024, programa que combina traballo e formación co obxectivo de mellorar a ocupabilidade de persoas desempregadas e que, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e confinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía social, promove o Concello de Padrón en convenio con Rois e Dodro.
Este programa, que se desenvolverá ao longo de nove meses, impartirá as especialidades de atención sociosanitaria a domicilio e de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización, que contarán con 10 alumnos/as cada unha.
Para poder formar parte do alumnado, as persoas interesadas deberán ser maiores de 18 anos e estar apuntadas como demandantes de emprego nalgún dos seguintes servizos: scolas taller (código 320), casas de oficio (330), taller de emprego (340) e outros programas de emprego de formación dual (370).
As solicitudes poderán presentarse na oficina de emprego Santiago Norte ata o 16 de outubro.
As bases de selección poden consultarse no arquivo adxunto.