O Concello de Rois organiza un ano máis as Mañás Entroideiras para facilitar a conciliación familiar e laboral durante as vacacións. Durante os días 4, 5, 6 de marzo, a cativada a partir de 4ª de educación infantil poderá gozar de actividades que inclúen xogos, música, deportes e teatro, e que se levarán a cabo dende as 9:30 as 14:00 horas. Unha novidade de esta edición será o servizo Amencer, que recibirá aos nenos e nenas dende as 7:30 horas e terá un custo de 5 euros. Tamén por ese prezo, quen o precise poderá utilizar o servizo de esprazamento.
Outra innovación será o I Torneo de Xadrez, dirixido a rapaces de 5 a 13 anos que se desenvolverá o luns 4 de marzo e contará con premios para as categorías Sub-8, Sub-10, Sub-14 e 1ª Local.
Para poder acudir ás Mañás Entroideiras os interesados deberán inscribirse no Concello de Rois, no edificio multiusos de Rois ou no polideoprtivo de Urdilde ata o luns 25 de febreriro. A folla de inscrición pode cubrirse telemáticamente e descargarse a continuación.