20200806 MagoAntonContinuando co programa A cultura dispersa, o vindeiro sábado 15 de agosto chega a Rois o Mago Antón co trailer do seu espectáculo A volta a Galicia en 313 concellos. O ilusionista ofrecerá un total de oito pases, catro no campo da festa de Oín pola mañá (ás 11.00, 12.00, 13.00 e 14.00 h) en outros tantos no de Urdilde (19.00, 20.00, 21.00 e 22.00 h).

Para controlar o aforo, o Concello de Rois limitou a 30 o número de persoas que poden participar en cada pase. Quen desexe acudir como espectador ao espectáculo do Mago Antón deberá anotarse do 7 ao 14 de agosto chamando ao teléfono 981 816 061, de luns a venres de 10.00 a 14.00. A reserva realizarase por rigorosa orde de inscrición.

O Concello adoptará todas as medidas hixiénicas que esixen as autoridades sanitarias na actualidade, tanto para este como para o resto de espectáculos que forman parte do programa A cultura dispersa por Rois e que está a promover coa colaboración das comisións de festas e das asociacións do termo municipal, así como da Rede Cultural da Deputación da Coruña.